InicioTerra CháMurasSolicitan á Fiscalía investigar a xestión administrativa no expediente da mina de...

Solicitan á Fiscalía investigar a xestión administrativa no expediente da mina de Muras

Agora Fundación Montescola e Sindicato Labrego Galego piden a Fiscalía que investigue aos directores xerais que interviñeron no procedemento, así como a funcionarios ao entender que o expediente estivo "cheo de irregularidades"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fundación Montescola e o Sindicato Labrego Galego (SLG) presentaron unha comunicación á Fiscalía solicitando a investigación de posibles casos de prevaricación na tramitación da transmisión das concesións e na aprobación do proxecto de explotación da Mina San Acisclo do grupo Urbas no concello de Muras.

Nun comunicado, afirma que o pasado mes de setembro o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) procedeu a anular a autorización mineira outorgada á empresa promotora, Materiais Cerámicos Materias Primas, S.L., por parte da Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Para o SLG, o fallo “puxo en evidencia o cúmulo de ilegalidades no que incorreu o procedemento, e que vimos denunciando desde o ano 2020, cando tivemos coñecemento deste proxecto a través dos medios de comunicación, aínda que non se pronunciou sobre as responsabilidades penais por tratarse dun recurso contencioso-administrativo”.

Agora Fundación Montescola e Sindicato Labrego Galego piden a Fiscalía que investigue aos directores xerais que interviñeron no procedemento, así como a funcionarios ao entender que o expediente estivo “cheo de irregularidades”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...