InicioEconomíaFroiz condenada a indemnizar á presidenta do comité desta empresa en Lugo

Froiz condenada a indemnizar á presidenta do comité desta empresa en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Social n.º 1 de Lugo acaba de condenar a empresa Froiz Supermercados por sancionar indebidamente unha traballadora que ten a condición de delegada por CCOO e presidenta do Comité de Empresa de Froiz en Lugo.

A sentenza condena e obriga a empresa a anular a sanción, a lle aboar os salarios non percibidos e a indemnizar por danos morais a delegada de CCOO, pois quedou probado en sede xudicial que a sanción obedecía a unha represalia polas funcións sindicais exercidas pola traballadora.

Amais desta traballadora delegada de CCOO, outra compañeira, tamén delegada de CCOO, foi sancionada. A Federación de Servizos de CCOO en Galicia impugnou tamén esta sanción e confían en que a empresa sexa novamente condenada pola mesma práctica antisindical demostrada no primeiro xuízo.

“A Federación de Servizos de CCOO en Galicia lamenta que nunha empresa da envergadura de Froiz Supermercados se sigan utilizando nestes tempos prácticas antisindicais polo feito de actuar en defensa dos dereitos e intereses do persoal”, apunta nun comunicado.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...