InicioEconomíaO TSXG anula os servizos mínimos da Xunta para a folga de...

O TSXG anula os servizos mínimos da Xunta para a folga de limpeza en Lugo de 2023

O alto tribunal galego falla que foron "desproporcionados" en centros sociocomunitarios

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estima parcialmente o recurso presentado da CIG nun fallo no que anula os servizos mínimos decretados pola Xunta para a folga de limpeza na provincia de Lugo de 2023.

Nunha sentenza con data de 10 de xullo de 2024, o alto tribunal galego falla que foron “desproporcionados” os servizos mínimos fixados en centros sociocomunitarios como os da Milagrosa e Ribadeo, do mesmo xeito que en centros de maiores como os das Gándaras e Monfortes, así como a Casa do Mar de Celeiro, entre outros exemplos.

O TSXG razoa que “non se explica nin xustifica a razón do establecemento de tales servizos mínimos, que tampouco se ofrecen como proporcionados”, polo que se vulneraron os dereitos fundamentais dos traballadores.

Respecto diso, a representante da CIG-Servizos, Asunción Castiñeira, lembra que o sindicato recorreu a orde da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia porque “impedía ás traballadoras exercer o seu dereito á huelgaa” ao establecer en moitos casos un 100% de servizos mínimos.

Agora, a CIG pide á Xunta que “tome boa nota” da sentenza e estableza servizos mínimos axustados aos dereitos dos traballadores para o futuro. Tamén se queixa da “inacción” do Goberno galego durante o tempo que durou a folga, “negándose a intervir e asumir as súas responsabilidades como administración e como principal contratista dos servizos de limpeza” e “mirando para outro lado”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...