InicioEconomíaO Goberno autoriza un parques eólico en Xermade, Vilalba e Guitiriz

O Goberno autoriza un parques eólico en Xermade, Vilalba e Guitiriz

'Santuario' enmárcase en Xermade, Vilalba, Guitiriz e tamén nas Pontes. Trátase dunha instalación con 161 megawatts, composta por 23 aeroxeradores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou este xoves no Boletín Oficial do Estado (BOE) a autorización para a construción de dous parques eólicos nos municipios das Pontes de García Rodríguez, Xermade, Vilalba e Guitiriz.Ambos, ‘Tesouro’ e ‘Santuario’, son proxectos de Enel Green Power España.

‘Tesouro’ está situado nas Pontes e conta cunha potencia de 50,4 megawatts, con sete aeroxeradores de 170 metros de diámetro e unha altura de 115 metros. ‘Santuario’, pola súa banda, enmárcase en Xermade, Vilalba, Guitiriz e tamén nas Pontes. Trátase dunha instalación con 161 megawatts, composta por 23 aeroxeradores de 170 metros de diámetro e 115 de altura.

Estas autorizacións de construción, segundo recolle o BOE, non son firmes. É posible interpor recurso de alzada no prazo dun mes. O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, valorou “positivamente” estas autorizacións administrativas, informa o Consistorio nun comunicado. “Supón a constatación de que As Pontes é a referencia de xeración de enerxía tanto convencional como renovable, adaptándose ao novo modelo enerxético da Unión Europea e do Estado“, apunta o rexedor.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...