InicioEconomíaA imparable desaparición de explotacións lácteas: 52 menos en outubro

A imparable desaparición de explotacións lácteas: 52 menos en outubro

Fruga alerta de que esta tendencia condena o rural á desertización e lembra que Galicia segue á cola das autonomías no prezo do leite

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación Rural Galega (Fruga) volve a constatar o ritmo imparable da desaparición de explotacións do séctor lácteo no país. En outubro, Galicia perdeu 52 granxas, ás que hai que engadir as 419 que cesaron a actividade entre xaneiro e setembro. “Cando a situación non permite vivir dignamente, óptase polo abandono”, di Elías Somoza, coordinador da Fruga en Lugo.

Na actualidade, e segundo as cifras que ofrece a Federación, persisten entre as catro provincias galegas algo menos de 7.700 explotacións lácteas. Somoza apunta que a situación é “irreversible” por mor da falta de relevo xeracional e a escaseza nos marxes económicos.

Galicia segue á cola no prezo do leite no conxunto do Estado, e existe asemade unha sensible baixada no que se paga polos derivados lácteos. Así, dende a Fruga responsabilizan á Xunta de Galicia e mailo Goberno central de desatender o rural, condenado á “desertización” de continuar o peche de explotacións de vacún de leite.

A tendencia do sector é preocupante. En 2017, a Fruga constatou a desaparición de 463 granxas de leite na comunidade, e os prezos continúan en caída, o que combinado co encarecemento da vida, ofrece pobres perspectivas.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...