InicioEconomíaRueda destaca en Lugo a "estabilidade" dun sector da hostalaría que define...

Rueda destaca en Lugo a “estabilidade” dun sector da hostalaría que define como “a industria da felicidade”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo este luns en Lugo un encontro con representantes das principais asociacións de hostaleiros de Galicia no que destacou a “estabilidade” e a “confianza” que transmite un sector que deu en definir como “a industria da felicidade”.

“O sector da hostalaría e o sector do turismo seguen transmitindo confianza, seguen dando sensación de estabilidade e cando hai estabilidade a xente quere investir, a economía funciona, sobe o consumo e ao final somos todos máis felices”, sinalou, nunha breve comparecencia ante os medios celebrada no hotel Méndez Núñez da capital, o líder do PPdeG.

Rueda, que foi presentado no acto polo presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, Cheché Real, chamou a atención durante a súa intervención sobre a importancia de “seguir profesionalizando o sector” e “facer fronte” a un “problema”, o da “man de obra”, que cualificou como “xeneralizado”.

“Temos que seguir potenciando os centros de formación, a captación e seguir apoiando aos autónomos, porque Galicia son autónomos e pequenas e medianas empresas”, agregou o candidato á reelección como presidente da Xunta, para acto seguido asegurar que a hostalaría e o turismo “moven emprego” e crean “marca Galicia”.

Tamén aproveitou Alfonso Rueda a reunión cos representantes das asociacións hostaleiras para subliñar o papel desempeñado polo sector na recuperación económica da comunidade tras a pandemia e para destacar a actuación da Xunta na devandita materia, da que asegurou sentirse “moi orgulloso”.

“Naquel momento puidemos axudar a que moitos negocios tivesen un novo arranque unha vez que as cousas empezaron a mellorar. Aprendemos a ir da man a Xunta de Galicia e os hostaleiros e vivimos unha segunda época de bater marcas. Creo que nos puxemos moito máis en valor”, finalizou Rueda.

+ posts

ÚLTIMAS

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...