InicioEconomíaO novo ministro de Industria, disposto a colaborar coa Xunta no proxecto...

O novo ministro de Industria, disposto a colaborar coa Xunta no proxecto de Altri en Palas: “É moi importante para Galicia”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O novo ministro de Industria, Jordi Hereu, expresou a súa “predisposición” a cooperar coa Xunta de Galicia para facer posible o financiamento da pasteira Altri, confirmando que este luns chegou ao Ministerio a documentación técnica para dialogar coa Comisión Europea para ver se o proxecto encaixa.

O proxecto da papeleira portuguesa Altri en Galicia consiste nunha fábrica de fibras téxtiles sustentables de Palas de Rei. Trátase dun dos proxectos denominados tractores identificados pola Xunta no marco dos fondos ‘Next Generation’. Ademais, o Goberno galego declarouno proxecto industrial estratéxico para Galicia, consideración orientada a facilitar a súa tramitación administrativa.

Durante a sesión de control ao Goberno no Congreso, o novo titular de Industria falou de cooperar co Executivo galego para “impulsar e axudar á consecución destes proxectos” que, segundo dixo, son “moi importantes para Galicia e para España”. “Agora, téñolle que dicir que despois da predisposición e o apoio político vén o momento da decisión e isto faise en base a proxectos concretos”, apostilou Hereu, que proclamou a súa aposta pola “reindustrialización”.

Precisamente, o anterior ministro de Industria, Héctor Gómez, mantivo hai uns meses unha reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, onde acordaron “vías de solución” para o financiamento de Altri en Galicia, que poderían alcanzar un investimento de ata 200 millóns de euros. Ante isto, o deputado galego do PP e exconselleiro da Xunta, Francisco Conde, aplaudiu a predisposición a colaborar, aínda que pediu ao Ministerio que rectifique en relación cos fondos europeos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...