InicioEconomíaProsegue a folga de recollida de lixo e limpeza viaria en Vilalba

Prosegue a folga de recollida de lixo e limpeza viaria en Vilalba

O persoal da concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria de Vilalba leva desde o pasado mes de abril tentando negociar un novo convenio colectivo. A súa principal demanda, explica a central sindical, é "poder recuperar o poder adquisitivo perdido e garantir salarios dignos para todo o persoal, porque están a ingresar agora 300 euros líquidos menos ao ano que en 2011".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A folga de recollida de lixo e limpeza viaria de Vilalba, servizo concesionado á empresa Urbaser, mantense tras romper onte novamente as negociacións, segundo informa a CIG. Nun comunicado, explica que foi despois de que a empresa presentase unha nova proposta económica “que aínda rebaixaba máis as cantidades ofertadas na reunión anterior”.

O persoal da concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria de Vilalba leva desde o pasado mes de abril tentando negociar un novo convenio colectivo. A súa principal demanda, explica a central sindical, é “poder recuperar o poder adquisitivo perdido e garantir salarios dignos para todo o persoal, porque están a ingresar agora 300 euros líquidos menos ao ano que en 2011″.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...