InicioEconomíaPersoal de Capsa en Outeiro de Rei volve mobilizarse para que se...

Persoal de Capsa en Outeiro de Rei volve mobilizarse para que se aplique a revisión salarial do convenio

Este venres concentráronse nos xulgados de Lugo coincidindo co xuízo polos servizos mínimos das folgas de marzo e abril.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O persoal de Corporación Alimentaria Peñasanta (Capsa) –Larsa e Central Leiteira Asturiana– en Outeiro de Rei (Lugo) continúa coas súas mobilizacións para esixir a aplicación da revisión salarial pactada no convenio.

O sindicato CIG informou que este venres se concentraron ante os xulgados de Lugo coincidindo coa celebración do xuízo de impugnación dos “servizos mínimos abusivos impostos pola empresa” nas folgas parciais realizadas na planta de Outeiro de Rei nos meses de marzo e abril.

Así, o sindicato detallou que á marxe do que decrete a xustiza neste caso, os traballadores “continúan loitando para que a empresa cumpra co seu propio convenio colectivo” e proceda á revisión salarial conforme ao IPC real, correspondente ao ano 2022.

Desta forma, a CIG incidiu en que “tras as exitosas folgas e mobilizacións desenvolvidas polo persoal, tras o fracaso da mediación e a negativa reiterada da compañía láctea a respectar as garantías económicas recollidas no convenio”, o comité –con representación única da CIG– iniciou a reclamación na vía xudicial, queda pendente de fixarse a data do proceso.

ÚLTIMAS

Besteiro reclama “máis forza municipalista” no congreso de proclamación de Tomé como secretario do PSOE en Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi proclamado este sábado secretario provincial do PSOE no...

Miguel Fernández reclama un “maior compromiso” da Xunta nos proxectos de valor estratéxico para a cidade

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, reclamou un "maior compromiso" por parte da Xunta naqueles proxectos que...

Xulgan a dous homes que se agrediron mutuamente por un cabalo que entrou na propiedade dun deles en Xermade

A Audiencia Provincial de Lugo acolle o vindeiro martes, día 13, o xuízo contra dous homes...

Lugo acollerá a Asemblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas en 2026

Lugo acollerá en 2026 a Asemblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH),...