InicioSociedadeO Balneario de Guitiriz reabrirá tras un investimento de 8,5 millóns de...

O Balneario de Guitiriz reabrirá tras un investimento de 8,5 millóns de euros

A data de apertura será o próximo 11 de maio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Iberik Hoteis investiu un total de 8,5 millóns de euros para reabrir o emblemático Balneario de Guitiriz un establecemento de catro estrelas que xerará ao redor de 50 novos empregos e revitalizará o turismo da comarca de Terra Chá.

A data de apertura será o próximo 11 de maio e actualmente xa conta xa con numerosas reservas. A rehabilitación deste complexo incluíu a reforma integral do edificio centenario do hotel con máis de 9.800 meros cadrados e 103 habitacións, e do edificio do balneario con 3.600 metros cadrados.

Galicia recupera así un emblema das augas termais nacionais. O vindeiro xoves 11 de maio abrirá as súas portas Iberik Gran Balneario de Guitiriz & Golf para volver converterse en referente nacional do benestar. Este complexo hoteleiro con máis dun século de historia, situado na provincia de Lugo, reformouse de maneira integral cun investimento de 8,5 millóns de euros respectando o carácter histórico do lugar construído en 1908.

Trátase dunha nova aposta da cadea hoteleira Iberik Hoteis, con capital 100% español e máis establecementos en Galicia, Asturias e Lérida, para recuperar o prestixio dunha das zonas coas mellores augas de toda España. A súa apertura xera ao redor de 50 novos empregos locais, principalmente procedentes da zona de Guitiriz.

En total, o complexo hoteleiro de catro estrelas conta con 103 habitacións. A isto únese unha ampla oferta para a saúde e o descanso grazas ao servizo de restaurante, campo de golf con nove foxos e campo de prácticas e, por suposto, o afamado balneario con renome internacional.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...