InicioEconomíaManifestación da CIG este xoves en defensa dos dereitos dos traballadores

Manifestación da CIG este xoves en defensa dos dereitos dos traballadores

PUBLICADA O

- Advertisement -

A federación de Industria da Confederación Intersindical Galega (CIG) convocou unha manifestación de delegados para o vindeiro xoves, día 13 de abril, en Lugo co obxectivo de loitar por “salarios e convenios dignos” e para defender o dereito a negociar en Galicia as condicións de traballo.

En concreto, a mobilización sairá ás 11,00 horas de diante do local sindical (Rolda da Muralla, 58) e terminará na Praza de Santo Domingo. Precisamente, a elección de Lugo para levar a cabo esta reivindicación tamén pretende apoiar a loita do persoal do sector do metal e do comercio do metal polo seu convenio provincial.

secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas Aboi ‘Tupi‘, recalcou a aposta do sindicato pola negociación colectiva como ferramenta “fundamental” dos traballadores para mellorar as súas condicións, “máis no actual contexto de empobrecimiento dos salarios a causa do elevado custo da vida”.

+ posts

ÚLTIMAS

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...

Os exames oficiais Trinity de inglés celebraranse na UNED de Lugo

A UNED de Lugo acollerá o vindeiro mes de xuño unha nova convocatoria dos exames oficiais Trinity...

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...