InicioEconomíaMobilización dos traballadores do metal en Lugo ante a "falta de sensibilidade"...

Mobilización dos traballadores do metal en Lugo ante a “falta de sensibilidade” da patronal para negociar o convenio

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os sindicatos CC.OO., CIG e UGT, que representan ao “95% dos máis de 5.000 traballadores do sector do metal na provincia de Lugo”, anunciaron mobilizacións ante a “falta de sensibilidade” da patronal na negociación do convenio.

A este sector, aseguraron, pertencen tamén outros subsectores como o de reparación de vehículos, reparación de maquinaria agrícola, carpintaría metálica, servizo de ascensores, calefactores e fontaneiros, refrixeración industrial, montaxes eléctricas e telefónicas, electricidade de casas, fábricas de fabricación e reparación ou venda de electrodomésticos, entre outros.

Segundo aseguran o tres sindicatos nun comunicado, as negociacións para sacar adiante o novo convenio esténdense desde o 20 de xaneiro de 2022, cando se constituíu a comisión negociadora.

Ata o momento celebráronse doce reunións, pero o pasado 28 de febreiro, tal e como explican, a patronal negouse a que os traballadores poidan percibir atrasos durante a vixencia do convenio (2022-2025), ademais de “non aceptar que se aplique a cláusula de revisión salarial ano a ano con efectos retroactivos”.

Doutra banda, os sindicatos denuncian que a patronal non asumiu “ningunha reivindicación que levaron á mesa de negociación”, por exemplo, “o plus de traballo a quendas, complemento de IT pola base de cotización, permisos para acompañamento de fillos menores e familiares convivientes, melloras salariais para non perder a maiores poder adquisitivo con respecto a outras provincias limítrofes, entre outras.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...