InicioEconomíaXunta e Concello de Chantada estudan implementar un polígono agroforestal para gandaría...

Xunta e Concello de Chantada estudan implementar un polígono agroforestal para gandaría no municipio

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do municipio lucense de Chantada, Manuel Lorenzo, para coñecer as principais demandas e necesidades dos veciños desta localidade relativas ao agro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do municipio lucense de Chantada, Manuel Lorenzo, para coñecer as principais demandas e necesidades dos veciños desta localidade relativas ao agro. Neste senso, segundo destacou a Xunta, abordouse a posibilidade de implementar un polígono agroforestal para gandaría de porcino na parroquia de Sabadelle.

Sobre isto, González sinalou que a implantación deste tipo de polígonos permite pór en produción grandes áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que alcanzaron, co paso do tempo, un estado de abandono ou infrautilización, recuperando desta maneira unha actividade agrícola ou forestal na zona.

Agora, destacou a Xunta, tras a visita aos posibles terreos do polígono, o conselleiro acordou co alcalde enviar técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para estudar a viabilidade do mesmo e poder comezar cos traballos canto antes.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...