InicioEconomíaA Deputación de Lugo aprobará este martes repartir 21 millóns entre os...

A Deputación de Lugo aprobará este martes repartir 21 millóns entre os concellos da provincia

A deputación espera ter listo no mes de xaneiro a convocatoria para que os concellos presenten os proxectos a desenvolver cos fondos deste plan que, en palabras do presidente lugués, representa "o compromiso de cooperación" cos concellos por parte do máximo organismo da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno da Deputación de Lugo aprobará o vindeiro martes 27 de decembro o Pleno Único para 2023, que distribuirá 21,5 millóns de euros entrel vos 67 concellos da provincia para o financiamento de infraestruturas, accións de emprego, o servizo de axuda no fogar, eventos e outras actividades.

O goberno provincial que preside José Tomé leva á última sesión ordinaria do ano da corporación provincial este plan de financiamento dos municipios, que será aprobado grazas aos votos de PSOE e BNG por terceiro ano consecutivo.

Nun comunicado, o executivo provincial resalta que a aprobación anterior ao comezo do exercicio permite ás entidades locais “planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo”.

Así pois, a deputación espera ter listo no mes de xaneiro a convocatoria para que os concellos presenten os proxectos a desenvolver cos fondos deste plan que, en palabras do presidente lugués, representa “o compromiso de cooperación” cos concellos por parte do máximo organismo da provincia.

Así as cousas, o programa de financiamento contempla unha contía máxima de 500.000 euros para os municipios con maior poboación –Lugo, Sarria, Monforte, Vilalba e Viveiro–. No polo oposto sitúanse os municipios de Triacastela e Negueira de Muñiz, que recibirán 204.000 e 193.000 euros, respectivamente.

+ posts

ÚLTIMAS

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...