InicioEconomíaBoa presenza de turistas en Lugo e a Ribeira Sacra esta ponte

Boa presenza de turistas en Lugo e a Ribeira Sacra esta ponte

Ocupación por encima do 85% na Ribeira Sacra e en torno ao 70% en Lugo cidade durante a semana de ponte

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ocupación hoteleira na Ribeira Sacra situarase por encima do 85% na sucesión de festivos da ponte da Constitución desta semana, segundo datos que manexa o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real.

Estas son “estimacións” a principios “desta semana”, aínda que Real confía en que se supere esa cifra. De igual modo, espérase unha ocupación do 70% para a cidade de Lugo, así como do 55% para a comarca da Mariña. “Seguramente suban un pouco porque non choveu, porque cando chove si que se dan cancelacións. Esas porcentaxes van ser maiores cando se faga o balance final”, augurou.

En canto a limitacións no gasto pola “onda inflacionista”, o empresario lucense puntualizou que “máis que limitar, está a controlarse” o custo, que non é tan elevado como outros anos. “As comidas de celebracións non son como antes. Antes case non pedías orzamento, agora pídese orzamento e axústano. Dadas as circunstancias non é un problema, aínda que se se mantén si pode selo”, sentenciou.

Cheché Real xustificou que “a subida dos carburantes e da enerxía é o desencadenamento de que se suban os produtos” cos que traballan. Sexa como sexa, o presidente dos hostaleiros de Lugo móstrase optimista de cara á campaña de Nadal, dado que “están a subir as celebracións empresariais e de cuadrillas”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...