InicioEconomíaAbre o prazo para solicitar as axudas de material escolar do Concello...

Abre o prazo para solicitar as axudas de material escolar do Concello de Lugo

O programa cobre o segundo ciclo de educación infantil en centros de ensino sostidos con fondos públicos e conta cun orzamento de 40.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dende este luns e ata o 29 de outubro poden solicitarse as axudas para a adquisición de material escolar e didáctico para alumnos e alumnas de educación infantil. Esta convocatoria, que foi publicada na Base de Datos Nacional de Subvencións, ten o obxectivo de colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas do municipio.

Malia carecer ter competencias en materia de ensino, o executivo local adica nesta convocatoria 40.000 euros a estas axudas, un orzamento superior con respecto ao ano anterior. O programa facilita o acceso á educación a toda poboación en igualdade de condicións, contribúe a paliar as desigualdades e permite unha educación con mellores medios.

As bolsas escolares van dirixidas ao alumnado de segundo ciclo de educación infantil, matriculado en centros sostidos con fondos públicos. Por segundo ano consecutivo a contía individual será de 100 euros. Para acceder a ditas axudas o único criterio é a renda familiar, e é necesario que o alumno ou alumna estea censado en Lugo.

As bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia do pasado sábado. O formulario está a disposición das persoas interesadas na área de Educación, situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, nas oficinas de Atención ao Cidadá do Concello, na web municipal e no propio BOP. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal.

+ posts

ÚLTIMAS

Ximena Cheda presenta a súa candidatura para encabezar Podemos Lugo nas municipais

A portavoz do Círculo de Podemos Lugo, Ximena Cheda, anunciou a súa candidatura para...

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...