InicioA UlloaPalas de ReiAltri non decidirá a localización da fábrica ata xuño de 2023, di...

Altri non decidirá a localización da fábrica ata xuño de 2023, di o alcalde de Palas

O alcalde de Palas de Rei aclarou que "a decisión é estritamente empresarial e os prazos son os que determina a empresa e neste caso parece que ata xuño do ano que vén non se tomará esa decisión", que adoptará o consello de administración da empresa "a través do seu accionariado".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, confirmou que a multinacional portuguesa Altri non tomará a decisión sobre a localización da fábrica de fibras téxtiles ata xuño do próximo ano, e que dita decisión depende dos fondos europeos que se capten.

Taboada constatou que “os pasos, no que respecta ao proxecto, están a darse firmes, aínda que as noticias que saíron estes días é que ata mediados do ano que vén non se vai a tomar a decisión definitiva e empresarial“. En principio soara este municipio para esa futura planta.

Con todo, si que corroborou que “xa hai acordo sobre a leira, concluíuse co estudo geotécnico e estase co estudo arqueolóxico”, pois “se están agora facendo traballos de catas”.

No entanto, aclarou que “a decisión é estritamente empresarial e os prazos son os que determina a empresa e neste caso parece que ata xuño do ano que vén non se tomará esa decisión”, que adoptará o consello de administración da empresa “a través do seu accionariado”. “Ata xuño non se tomará a decisión definitiva, queestará vinculada aos fondos europeos”, incidiu.

O rexedor concretou que “o financiamento do proxecto é de case 400 millóns de euros e a aspiración que se transmitiu pola firma é de aproximarse a 200 millóns de euros” de achega dos fondos procedentes de Bruxelas.

“Sabemos que se está traballando niso, sabemos que hai reunións ydisposición para financiar o proxecto como así transmitiu o presidente do Goberno ao presidente da Xunta, pero hai que materializalo. Estamos á espera da confirmación do investimento que corresponda”, sinalou.

En canto á leira, Taboada indicou que se trata dun solar “en aluguer con dereito a compra, que está no límite de Palas coa provincia da Coruña”. A superficie pode alcanzar os 2,5 millóns de metros cadrados, que se poderían ampliar a expensas de que se incorporen “outras leiras” apalabradas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...