InicioEconomíaA Xunta insiste no seu apoio ao proxecto de Altri en Palas

A Xunta insiste no seu apoio ao proxecto de Altri en Palas

A empresa decidiu atrasar a 2023 a súa decisión final sobre este investimento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, afirmou que “eses meses que necesita Altri para consolidar o proxecto” de fibras téxtiles en Palas de Rei son “unha boa base para continuar traballando de face o futuro”. Garante que o “compromiso da propia empresa é firme”.

Así se expresou na Coruña a preguntas este sábado en relación co anuncio de Altri de atrasar a 2023 a súa decisión final sobre este investimento. Conde explica que a compañía ten que facer “un traballo moi rigoroso”, “moi estrito”, así como para garantir a tramitación desde o punto de vista ambiental. “Hai que dar esa marxe para que a empresa poida desenvolver o seu traballo”, asegura.

Respecto diso, sinala que esta semana o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “deu un paso moi importante” para “certificar” o apoio do Goberno central a “acompañar” este proxecto con fondos europeos.

Neste sentido, subliña que Altri “segue traballando para consolidar o proxecto desde o punto de vista do seu deseño” e do desenvolvemento de enxeñaría, unha actuación que será “para décadas”. Igualmente, chama á “unión” das administracións sobre este proxecto, de maneira que Xunta, Goberno e Concello de Pas deben “colaborar”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...