InicioEconomíaTransportistas de Lugo insisten na situación "insustentable" polo prezo do combustible

Transportistas de Lugo insisten na situación “insustentable” polo prezo do combustible

O presidente de AETRAM asegura que non dubidarán en volver convocar un paro no sector porque "hoxe en día non é rendible un vehículo na estrada".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da asociación de transportistas AETRAM de Lugo, Diego Arias, asegurou este luns, ante os vaivéns no prezo do combustible, que a situación no sector é “insustentable”. “Seguimos igual que estabamos”, dixo Arias en relación a antes do paro, para seguidamente afear que “non” obteñen “ningunha resposta a esta situación por parte das administracións”.

E avisou de que “tal e como está isto, o 30 de xuño”, que é cando vencen as axudas do Goberno, incluído os 20 céntimos por litro de gasoil, a situación aínda empeorará máis.

Por iso, advertiu de que se finalmente se prescinde de ditas axudas, a partir dese trinta de xuño, “o caos total” apropiarase da “situación”. Á vista deste escenario, o presidente de AETRAM insistiu en que non dubidarán en volver convocar un paro no sector porque “hoxe en día non é rendible un vehículo na estrada”.

Diego Arias puntualizou que o seu camión “ten un gasto de 5.000 litros de gasoil ao mes e o carburante subiu 70 céntimos desde o pasado ano” co que mes a mes acumula perdas, con respecto a 2021, duns “3.500 euros”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...