InicioEconomíaHostalaría de Lugo quéixase da "falta de traballadores formados" no sector

Hostalaría de Lugo quéixase da “falta de traballadores formados” no sector

A ocupación hoteleira na provincia para esta Semana Santa oscilará entre "o 80 e o 85%".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da hostalaría lucense, Cheché Real, admitiu este mércores que o sector está a ter problemas para contratar camareiros formados na hostalaría. “Hai diferentes causas, pero a realidade é esa, que temos problemas para contratar e se nos metemos a contratar a xente formada moito máis aínda”, avisou.

Ante esta tesitura, o tamén presidente de Hostalaría de Galicia instou a “facer algo”, xa que o sector debe “dar boa imaxe” nestes momentos, como “potencia importante en canto a turismo e ao turismo estranxeiro”. Terémonos que sentar coas administracións para valorar os motivos e buscar solucións para esta falta de traballadores no noso sector”, concluíu Cheché Real.

Entre as propostas que lanza para evitar problemas na chegada de camareiros, apostou por “conciliar horarios de traballo” entre estes traballadores cuxos soldos, destacou o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo, “xa non son os de cinco anos atrás, e agora cóbrase entre 1.200 e 1.400 euros” ao mes.

BOA OCUPACIÓN

Noutra orde de cousas, Cheché Real sinalou que a ocupación hoteleira na provincia de Lugo para esta Semana Santa oscilará entre “o oitenta e o 85 por cento”, segundo as súas estimacións.

O presidente sectorial precisou que esta porcentaxe varía “segundo as zonas”, confiando que “despois de dous anos de pandemia haxa aforros e se poidan dedicar a gastar en lecer e en gozar”. Cheché Real advertiu de que, en función de que como evolucione a Semana Santa, “isto será un espello, un termómetro do que poida ser a partir de maio ou xuño”.

+ posts

ÚLTIMAS

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Xornadas Feministas=Igualdade reivindican o liderado das mulleres na súa inauguración

A Presidenta da Deputación, Carmela López, reivindicou o liderado das mulleres na inauguración das...

O PP reunirase a semana que vén con Vilalba Aberta e BNG para buscar “un goberno alternativo”

O Partido Popular manterá a vindeira semana encontros con Vilalba Aberta e BNG a...

O acusado polo atropelo do ancián de Abadín declarará o luns, mentres continúa a procura do corpo

Axentes da Garda Civil e especialistas de distintas materias continúan buscando restos do cadáver...