InicioEconomíaDenuncian que o Grupo Santé debe 150.000 euros a cinco gandeiros

Denuncian que o Grupo Santé debe 150.000 euros a cinco gandeiros

Agromuralla fai un chamamento a non facer negocios con esta propietaria, que tacha de "armazón de empresas fantasma".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Agromuralla denuncia “importantes débedas” por 150.000 euros de Central Leiteira de Lugo (Grupo Santé) e de LCG Fruits, actual propietaria da antiga planta de Leite Pascual en Outeiro de Rei, con cinco asociados desta entidade.

Nun comunicado, a asociación de gandeiros informa de que esta falta de pagamentos se remontan aos meses de outubro e novembro do ano pasado. “Son importes nalgúns casos de máis de 35.000 euros por gandaría, esenciais neste momento para garantir a supervivencia destas explotacións”, afirma.

Segundo indica Agromuralla, “LCG Fruits & Juices SL, asentada en Castela-A Mancha e Andalucia e con negocios no sector do viño, cítricos e zumes de froitas, adquiriu o pasado ano a Tegestacín as instalacións de almacenamento e envasado de leite de Outeiro de Rei, e, tras despedir á totalidade do cadro de persoal, reduciu a actividade ata deixar de envasar leite líquido nela e pechar a planta no mes de decembro”.

“Central Leiteira de Lugo non pagou o leite recollido e entregou aos produtores pagarés sen fondos a nome da actual propietaria da planta de Outeiro de Rei, LCG Fruits, como garantía”. A pesar da falta de pagamentos, a empresa segue coa recollida de leite e ofrece novos contratos para captar explotacións. Por iso, Agromuralla fai un chamamento a non facer negocios co que tacha de “armazón de empresas fantasma”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...