InicioEconomíaA Asociación Empresarial de Transportes Río Miño avisa de que "en calquera...

A Asociación Empresarial de Transportes Río Miño avisa de que “en calquera momento” poden volver parar

Din que perden uns 2.000 euros por camión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Asociación Empresarial de Transportes Río Miño (Aetram) avisou este mércores de que “en calquera momento” poden volver á folga, despois de que o paro no sector fose desconvocado formalmente o pasado sábado pola Plataforma do Transporte.

O presidente desta asociación lucense, que foi unha das máis activas na folga, Diego Arias, advertiu de que a suspensión do paro “foi temporal” e que, por tanto, hai que “seguir negociando porque as medidas do Goberno son insuficientes”.  Tanto é así que apuntou que “en calquera momento” poden “volver” á folga. “Ou repercutimos as perdas nas tarifas dos cargadores ou ben algunha axuda por parte da administración”, dixo.

O empresario lucense asegurou que “algo” teñen que facer, desde as distintas administracións, porque “non se pode traballar a perdas, a ver se o Goberno aproba a lei de non permitir traballar a perdas”. “Desde hai un ano as perdas por vehículo (por camión) son sobre 3.000 (ao mes), aínda que agora se repercutimos algo nas tarifas dos cargadores estaremos a perder uns 2.000 euros”, sinalou Diego Arias.

Con iso, sentenza que seguen con eses quebrantos económicos, para seguidamente sinalar que esa axuda de 20 céntimos por litro de gasóleo, acordado co Goberno central, aínda descoñece “como” se lles van a devolver. “Ademais imos ter que tributar por esas axudas”, sentenciou o presidente de Aetram.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...