InicioEconomíaLicitado o proxecto para o Parque Central de Galicia en Antas de...

Licitado o proxecto para o Parque Central de Galicia en Antas de Ulla

Así o anunciou o presidente da Deputación, José Tomé. O parque estará situado no lugar de Nugallás.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou, tras a xunta de goberno, a aprobación da licitación para o proxecto do Parque Central de Galicia, situado no lugar de Nugallás, no concello de Antas de Ulla.

Segundo explicou, o obxectivo é que “estea concluído o ano que vén, para o goce dos veciños da provincia e de todos os que nos visiten porque un dos obxectivos fundamentais é fomentar o turismo”.

A licitación correspóndese “coas edificacións da praza, do monólito e da zona infantil cos que vai contar devandito parque central, cun custo de case 1,4 millóns de euros”, apuntou.

Son 45.000 metros cadrados, sobre os que se disporá esa infraestrutura na que xa se traballa desde agosto en canto a “unha zona de aparcadoiro e para a mellora viaria do parque”, engadiu.

Na mesma xunta de goberno aprobouse celebrar a segunda tempada do programa ‘Coñece a túa provincia’, para o que se van a habilitar 3.036 prazas para o próximo ano.

+ posts

ÚLTIMAS

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...