InicioEconomíaA Deputación de Lugo saca adiante o Plan Único, dotado con máis...

A Deputación de Lugo saca adiante o Plan Único, dotado con máis de 21,5 millóns, coa abstención do PP

Os populares advirten de que a contía "se vai a devaluar" este ano por un IPC "altísimo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo sacou adiante o Plan Único, o programa de investimentos nos 67 concellos da provincia por máis de 21,5 millóns de euros. O PP, a pesar de ser moi crítico con esta partida por considerala insuficiente, abstívose na votación.

Antes do pleno, onde PSdeG-PSOE e BNG fixeron valer a súa maioría do goberno de coalición, o presidente, José Tomé, destacou que dito plan “é unha ferramenta de colaboración cos concellos das máis importantes que ten a Deputación”, cousa que “non teñen” outras institucións provinciais “que preside o PP”.

Incrementamos desde 21 millóns a 21,5 millóns dos anos anteriores, e iso dá resposta á necesidade que teñen os concellos en canto ao seu funcionamento e atender aos servizos públicos”, destacou.

Tomé aproveitou para censurar que “o que non é admisible” é o que di o portavoz do PP, Javier Castiñeira, que “anda coa retahíla de que se había que aumentalo un 25 por cento. “El sabe ben que se falou de que ese incremento se daría se a Xunta se fixera cargo das residencias provinciais para facer unha rede de residencias públicas galegas cun modelo como o da Deputación”, aseverou.

“Ou tamén poderían incrementarse as partidas dese plan se as estradas da provincia de Lugo, que algunhas son máis autonómicas que provinciais, pasasen á rede da Xunta. Nese caso aumentariamos o Plan Único, o resto é unha mentira e un engano”, sentenciou Tomei.

Pola súa banda, a vicepresidenta da Deputación, a nacionalista Maite Ferreiro, subliñou que o plan “vai facilitar que os concellos, desde principios de ano, xa poidan organizar os seus investimentos”. Tamén avanzou que o goberno provincial trasladou á Xunta unha petición para “que asuma esas competencias que levan desde a Deputación” pola súa “falta de compromiso”, como é o caso dos centros de maiores e “todo o patrimonio cultural” da provincia.

O PP ADVIRTE DUNHA “DESVALORIZACIÓN”

Finalmente, o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, lamentou que dito plan “se vaia a devaluar como se vai a devaluar este ano, dado que a cantidade é a mesma que en 2021 pero as circunstancias son totalmente diferentes despois dun IPC altísimo”. “Os concellos van perder poder adquisitivo”, lamentou.

Dito isto, Castiñeira despachou que o “Partido Popular non vai ser cómplice dese plan”. “Non nos queda outra que absternos”, soltou para concluír o dirixente popular.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...