InicioEconomíaOutro golpe á economía de Lugo: Tegestacín anuncia un ERE a todos...

Outro golpe á economía de Lugo: Tegestacín anuncia un ERE a todos os traballadores

Afecta a 70 empregados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tegestacín presentou este venres ante a representación sindical o inicio do período de consultas para un expediente regulador de emprego (ERE) que afectará a todo o persoal da factoría de Outeiro de Rei, segundo informa a CIG a través dun comunicado.

De acordo con esta organización, a noticia foi acollida como un “particular e macabro agasallo de Nadal” da empresa aos seus 70 traballadores na planta. Neste contexto, a CIG cre que quedan por diante unhas datas “intensas” nas cales “haberá que avaliar o contido e xustificacións” que a compañía presenta para adoptar esta medida.

Ademais, a central sindical asegura que o comité de empresa xa solicitou “diversas reunións” coa Xunta coa intención de que sexa parte interesada polo futuro das instalacións e dos seus postos de traballo.

A CIG recalca o seu “total rexeitamento” da actuación de Tegestacín, que “vén orquestrando o seu particular desenlace nunha clara operación especulativa, sen solución de futuro para o persoal nin para as instalacións da empresa”.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...