InicioEconomíaA CIG denuncia que a empresa Tegestacín anunciou a súa intención de...

A CIG denuncia que a empresa Tegestacín anunciou a súa intención de pechar a súa planta en Outeiro de Rei

A CIG cualifica de "altamente preocupante" a intención da empresa xa que, ademais dos postos de traballo directos, suporía "un gran impacto" na economía dos concellos limítrofes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A empresa Tegestacín, que opera as antigas instalacións de Leite Pascual en Outeiro de Rei, trasladou aos traballadores a súa intención de pechar a planta coa consecuente perda dos 70 postos de traballo da factoría.

Diso informou a central nacionalista CIG que, nun comunicado, sostén que a compañía informou os representantes dos traballadores da súa intención de pechar a factoría “nun curto espazo de tempo”.

O sindicato incide en que aínda non existe un anuncio formal por parte da dirección da compañía sobre cando pretende levar a cabo o peche, que levaría a extinción dos 70 empregos da fábrica.

A CIG cualifica de “altamente preocupante” a intención da empresa xa que, ademais dos postos de traballo directos, suporía “un gran impacto” na economía dos concellos limítrofes.

Así, recela dos motivos que poidan existir detrás da intención da compañía que, como lembran, xa planeou sobre o futuro da planta noutras ocasións.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...