InicioEconomíaAgromuralla sumarase a unha folga de entrega de leite a partir do...

Agromuralla sumarase a unha folga de entrega de leite a partir do 15 de decembro

"Queremos reverter esta situación caótica na que esta sumido o sector", apunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo lucense de gandeiros Agromuralla anunciou que se suma a unha folga, convocada no ámbito nacional, de entrega de leite polos baixos prezos que se abonan por parte da industria.

A través dun comunicado, este colectivo precisou que, tras unha reunión en Valencia de Don Juan (León), o pasado 3 de decembro, distintos colectivos gandeiros de toda España decidiron “ante a grave situación que atravesa o sector lácteo neste país, a única opción que queda, é a folga indefinida de entregas”.

Ademais, apunta que “esta é a medida máis dura que pode adoptar un gandeiro, pero á vez, é a única que pode reverter esta situación caótica na que esta sumido o sector”. “O leite é noso e os únicos que se enriquecen con el son os que a compran”, subliñan.

O paro, aclararon, “será indefinido no tempo, non deixando circular polas estradas nin unha soa cisterna de leite”. “Non queremos prexudicar aos transportistas, que nos consta que o están pasando tan mal como nós pois as industrias os teñen igual de asfixiados en prezos pero non podemos deixar que se mova un só litro de leite en España neses días de folga”, avanzaron.

CUBRIR GASTOS DE PRODUCIÓN

Por parte de Agromuralla emprazaron aos gandeiros a que “non asinen contratos que non cubran os custos de produción, posto que así o marca a Lei de Cadea Alimentaria, sendo ilegal que as industrias nos obriguen a asinar contratos que atentan contra a devandita lei”.

Como mínimo reivindican que se lles pague polos prezos de produción, un “custo estimado en máis de 41 céntimos antes do 15 de decembro, na data que se determinará en seguintes reunións, os gandeiros de leite irán á folga”.

ÚLTIMAS

A Xunta anuncia 1.200 vivendas públicas en 22 bloques no residencial do Sagrado Corazón de Lugo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este luns...

A crítica edil María Reigosa apoiará os orzamentos de Lugo “por responsabilidade”

A concelleira de Lugo María Reigosa, que pediu recentemente a baixa do PSOE, resolveu...

Cortada a LU-P-4103 en Pantón por un derrube de terra, alerta a Deputación

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

A subdelegada do Goberno participa nunha sesión formativa de “A Administración Cerca de Ti”

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, participou nunha sesión formativa do programa...