InicioEconomíaBloquean a planta de Larsa cunha barricada para reclamar subidas de prezos...

Bloquean a planta de Larsa cunha barricada para reclamar subidas de prezos lácteos

Unións Agrarias ameaza a industrias con comezar un "boicot público" ás súas marcas e advirte de protestas ante o Ministerio

PUBLICADA O

- Advertisement -

Uns 400 gandeiros, convocados por Unións Agrarias, bloquearon a entrada e saída da planta de Larsa, no concello de Outeiro de Rei, para reclamar unha suba dos prezos que se pagan aos gandeiros polo leite.

Na protesta bloqueouse a vía de entrada á fábrica cunha barricada en chamas de pneumáticos, palla e cartóns. Así mesmo, portaron unha pancarta coa mensaxe “Polo noso traballo. Polos nosos produtos. Prezos xustos”.

O secretario de Coordinación Sectorial e Área Externa de UU.AA., Felix Porto, avisou de que a situación que vive o sector verase “agravada” no caso de que “non se tomen decisións urxentes”.

Así, remarca a “simboloxía especial” de Larsa, xa que o director xeral de Capsa Food (na que se enmarca Larsa) é o presidente da Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil). Sinala que esta compañía recolle o 35% do leite que hai en Galicia, polo que “calquera decisión” que toma “ten repercusión no conxunto do sector”.

Igualmente, Porto recrimina que hai uns días esta empresa “presumía de ter a conta de resultados máis avultada da súa historia, sendo consciente da sangría de perdas de explotación froito da caída de prezos e da subida de custos de produción”.

Ademais, remarca que Larsa conta con “base cooperativa”, polo que lle pide “xestos”, á vez que demanda que “se cumpra a lei de cadea”.

BOICOT A MARCAS

Unións Agrarias ameaza a industrias como Larsa ou Lactalis con comezar un “boicot público” das súas marcas se non hai melloras de prezos para os gandeiros.

Ademais, insta ao Ministerio de Agricultura a que fagan cumprir a lei de cadea alimentaria e incoe sancións, pois avisa de que convocarán mobilizacións ante o Ministerio se non “cumpre cos seus deberes”.

A semana pasada a organización agraria xa protagonizou unha protesta igual contra Lactalis, en Vilalba. Unións Agrarias alerta de que os custos de produción disparáronse un 26% nos últimos meses, á vez que os produtores galegos seguen á cola en prezos –con 33,3 céntimos por litro–. Reclaman unha equiparación a outros países para alcanzar cifras de 38 céntimos.

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...