InicioEconomíaA Deputación de Lugo destina 1,7 millóns de euros á mellora de...

A Deputación de Lugo destina 1,7 millóns de euros á mellora de dez estradas provinciais

Tamén se sacou adiante a listaxe de entidades admitidas no programa 'Coñece a túa provincia', que inclúe viaxes por todo Lugo para entidades sen ánimo de lucro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este venres que a xunta de goberno acordou destinar 1,7 millóns de euros á mellora dun dez estradas de titularidade provincial, actuacións que “impactarán de forma moi concreta” nunha decena de municipios. As accións centraranse en catro vías do Páramo, e o resto en Ribadeo, en Monforte, Bóveda, Barreiros, na Pastoriza, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz e O Saviñao.

Tomé lembrou que os orzamentos aumentaron as partidas nun “14 por cento para a rede de estradas provinciais, ata chegar aos 16 millóns de euros que se investirán este ano entre mantemento e melloras”. “Trátase dunha cantidade moi relevante para tratar de favorecer os veciños e veciñas da provincia que viven sobre todo en municipios do rural“, resaltou.

Ademais, no marco do Plan Impulso da economía da provincia, sácase adiante a listaxe de entidades admitidas no programa ‘Coñece a túa provincia’, que inclúe viaxes por todo Lugo para entidades sen ánimo de lucro. “Este programa foi todo un éxito en canto a participación. En canto a solicitudes, recibimos 143 e foron admitidas 62 con criterios de orde, segundo a inscrición, ata completar o número de prazas que foron convocadas”, aclaraba finalmente o presidente da Deputación de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...