InicioEconomíaAdif adxudica obras no tramo Monforte-Lugo por 17,2 millóns

Adif adxudica obras no tramo Monforte-Lugo por 17,2 millóns

Estas actuacións enmárcanse nos proxectos de modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo e perseguen unha dobre finalidade: mellorar o estado da infraestrutura e aumentar a fiabilidade das liñas e a calidade do servizo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Adif aprobou a adxudicación, por importe conxunto de 17,24 millóns de euros, de obras de tratamento de elementos de infraestrutura nun 32 km do traxecto Monforte de Lemos-Lugo, da liña Palencia-A Coruña.

Por unha banda, adxudicouse un contrato para a adecuación de pontes e explanaciones entre os puntos quilométricos 396/299 e 405/100 e entre os 413/517 e 432/265 da liña, por importe de 10,1 millóns.

Nestes tramos actuarase sobre 15 pontes, dous terrapléns, unha media ladeira e 16 trincheiras, así como en diversas obras de drenaxe. Os traballos adxudicáronse á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Civis e Extraco.

Así mesmo, autorizou por importe de 7,1 millóns de euros un contrato para a execución de obras de tratamento de pontes, túneles e explanacións entre os puntos quilométricos 375/305 e 379/750, entre Rubián e Oural.

Deste xeito, actuarase en oito pontes, tres túneles e dez trincheiras. Tamén se mellorará a drenaxe da infraestrutura, mediante a construción de novos elementos e a limpeza e adecuación dos xa existentes. Os traballos adxudicáronse á UTE formada por OHL e Guinovart.

Estas actuacións enmárcanse nos proxectos de modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo e perseguen unha dobre finalidade: mellorar o estado da infraestrutura e aumentar a fiabilidade das liñas e a calidade do servizo.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...