InicioEconomíaLugo-Ourense, a proposta da Alta Velocidade do Eixo Atlántico

Lugo-Ourense, a proposta da Alta Velocidade do Eixo Atlántico

Preenta o Mapa Ferroviario de Galicia, que tería un presuposto estimado de 3.000 millóns de euros para a modernización da rede ferroviaria galega.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Eixo Atlántico do Norte Peninsular aposta polas liñas Vigo-Monforte-Ourense e Lugo-Ourense para a modernización da rede ferroviaria galega, consolidar o eixo atántico ferroviario e defender a posición xeográfica e xeomarítima de Galicia. Así o recolle nun informe sobre o Mapa Ferroviario de Galicia presentado esta mañá do 6 de xullo.

O presuposto para as actuacións propostas sería de 3.000 millóns de euros en 10 anos, dos cales o 50% proviría de fondos europeos, sen contar IVA nin o custo de expropiacións. Traduciríase en 150 millóns anuais por parte do estado, “unha cifra máis que asumible e necesaria, pois aínda que somos a periferia de Europa, non podemos quedar illados”, apuntou a vicepresidenta do Eixo Atlántico, Lara Méndez.

Trátase dun informe elaborado polo profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Miguel Rodrígez Bugarín, a quen o alcalde de Santiago de Compostela, Sánchez Bugallo, calificou como o “principal profesor en materia ferroviaria de Galicia”.  Toda a información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...