InicioSociedadeO comité de Alcoa convoca unha nova mobilización en Lugo este domingo...

O comité de Alcoa convoca unha nova mobilización en Lugo este domingo para esixir unha solución para a planta

Piden a participación da cidadanía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa en Cervo (Lugo) convocou unha nova mobilización, neste caso en Lugo, este domingo 27, para esixir unha solución para a planta de San Cibrao.

Concibida como unha ‘gran camiñada’, a marcha está convocada entre as 12,00 e as 13,00 horas do domingo 27, con saída desde o edificio da Xunta ata a Subdelegación do Goberno.

‘A Mariña sálvase loitando’ segue sendo a lema que utilizan os representantes dos traballadores para chamar a participar nesta protesta, coa que demandan á compañía e ás administracións un acordo para a venda da factoría que garanta a súa viabilidade futura.

Este luns, a ministra de Industria, Reyes Maroto, foi a que urxiu á multinacional estadounidense que transfira a fábrica a un terceiro. A disputa leva meses centrada na participación (ou non) da SEPI (sociedade estatal de participacións industriais) como intermediaria da operación.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...