InicioLugo e contornaLugoParo "masivo" en Lugo dos traballadores do BBVA

Paro “masivo” en Lugo dos traballadores do BBVA

"Non nos queda máis remedio que continuar coas mobilizacións", denuncia o secretario da sección sindical da CIG no BBVA e presidente do comité de empresa en Lugo, Miguel Fernández,

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario da sección sindical da CIG no BBVA e presidente do comité de empresa en Lugo, Miguel Fernández, asegurou que o paro de dúas horas deste luns, de 9,00 a 11,00 horas, foi secundado de forma “masiva”.

De novo volven reivindicar estas protestas que o banco dea marcha atrás ao expediente de regulación de emprego que expón, que reduciu de 3.800 a 3.300 os despedimentos en España, e en Galicia pasan de 122 a 101. No entanto, Fernández censurou que “a postura é igual que ao comezo, o único movemento que se produciu é esa baixada no número de despedimentos”.

Non nos queda máis remedio que continuar coas mobilizacións. De novo hoxe está convocado un paro de dúas horas, e o mércores convocouse outra xornada de folga as 24 horas”, puntualizou. O paro está a ser “masivo” na mesma medida que o da semana pasada, que case alcanzou o cento por cento, celebrou o sindicalista da Confederación Intersindical Galega.

Miguel Fernández esgrimiu que “non hai motivo”, nin “ningunha causa” para estes despedimentos, “nin económica, nin de organización, como alega a empresa”. “Segue habendo beneficios milmillonarios, e o que pretendemos é que se retire o ERE”, advertiu.

Finalmente, lembrou que esta semana, é a última do período de consultas, con reunións o martes, o xoves e o venres e espera que a empresa “ceda a retirar o ERE”, co que estarían “abertos negociar”.

Se a empresa considera que lle sobra persoal hai outro tipo de saídas…. A empresa quere despedir maioritariamente a persoas de menos de cincuenta anos. O que busca a empresa é despedir á xente e non pensa nas mellores saídas para o persoal”, critica o tamén presidente do comité de empresa de Lugo.

ÚLTIMAS

Cae parte do teito do Xulgado do Social número 4 de Lugo, o que obriga á recolocación de traballadores e a xuíza

A xuíza decana dos Xulgados de Lugo, Olalla Díaz Sánchez, ordenou o peche provisional do...

José Tomé: “A elección de Miguel Fernández foi consensuada. Quedou asinada. Foi un proceso totalmente lucense”

Xa vexo que tes moitos papeis enriba da mesa. E iso?  (Ri) Depende de por...

Catro anos de internamento para un mozo por agredir sexualmente a un neno de 8 anos en Lugo

Un mozo foi condenado polo Xulgado de Menores de Lugo a catro anos de internamento en...

O proxecto Renace de Lugo: buscando as claves da boa xenética dos centenarios galegos

O proxecto Renace (Rexistro Nacional de Centenarios de España), que se impulsa desde Lugo, estuda...