InicioEconomíaEstás interesad@ en conseguir un bono desconto de 30 euros na hostalaría...

Estás interesad@ en conseguir un bono desconto de 30 euros na hostalaría e comercio da provincia de Lugo?

A Deputación de Lugo destina medio millón de euros en bonos para consumo na hostalaría e o comercio da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, presentou os ‘Bonos Impulso’, aos que o goberno provincial destina medio millón de euros para favorecer o consumo nos negocios de hostalaría e o comercio dos 67 municipios lugueses.

A presentación tivo lugar nos xardíns do pazo de San Marcos, onde Tomé explicou estes bonos orientados á hostalaría e o pequeno comercio da provincia. Así, precisou que se prevén mobilizar outro medio millón de euros en consumo, co que a “inxección económica” para os negocios chegaría ao millón de euros.

Trátase de 17.000 bonos cun importe de 30 euros cada un para consumir e comprar nos establecementos da provincia. Para empregalos, deberán facerse compras superiores aos 60 euros. “Isto vai xerar un efecto multiplicador importante, cada persoa vai poder solicitar un bono como máximo, e no caso de que algún quedase sen asignar haberá sorteos ata esgotar os 17.000″, concretou.

En cada concello “haberá unha repartición equitativa dos bonos, seguindo criterios obxectivos de poboación, criterios de número de desempregados e de número de empresas dadas de alta”. O vindeiro luns será publicada a orde das axudas no Boletín Oficial da Provincia, co que, a partir do martes, abrirase o prazo para que se somen á iniciativa aqueles negocios ou comercios que así o desexen.

Os bonos, que serán de carácter nomitativo, terán unha validez ata o 30 de agosto e, unha vez que se soliciten a través da páxina web provincial, chegarán ao domicilio dos solicitantes.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...