InicioEconomíaQueixas en Lugo polos fallos da web municipal á hora de solicitar...

Queixas en Lugo polos fallos da web municipal á hora de solicitar axudas para empresas

A sede electrónica saturouse debido á alta demanda destas subvencións e provocou que algúns dos interesados tardasen horas en conseguir completar o proceso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Asociación Lugo Monumental, que agrupa os negocios do centro histórico de Lugo, fíxose “eco das protestas dos seus asociados” en relación aos “problemas da sede electrónica” do Concello para presentar a solicitude das axudas ás empresas afectadas pola pandemia. “Non puideron facelo ou lograron facelo horas máis tarde”, lamentan.

Segundo este colectivo, “ao tratarse de axudas cuxo baremo é exclusivamente a orde de entrada en rexistro da solicitude”, este “erro na web municipal implica que algúns interesados que tentaron presentar a documentación á primeira hora na sede” electrónica do Concello “non puideron facelo ata horas máis tarde”.

Por iso, Lugo Monumental pídelle ao Concello que “acepte as solicitudes presentadas por calquera medio alternativo”, como as “plataformas electrónicas do Estado ou a Xunta”, así como que sexan aprobadas “todas as axudas solicitadas durante os días 20 e 21 abril”, sempre que os solicitantes cumpran os requisitos da convocatoria, á “marxe da hora de entrada”.

Tamén pide que se “revise a tecnoloxía usada na sede electrónica municipal, para evitar futuros colapsos do sistema”.

O CONCELLO ADMITE FALLOS

Pola súa banda, o goberno local de Lugo informou de que onte, sobre as 12:30 horas xa foran presentadas ao redor de 150 instancias, aínda que recoñeceu que “houbo pequenas incidencias na Plataforma Electrónica, debido a que a elevadísima demanda que estas axudas” provocou, “por momentos”, unha “saturación da rede”.

En todo caso o goberno local asegura que foron “solucionadas en cuestión de minutos”, de maneira que “as peticións que chegan séguense tramitando de forma ininterrompida”.

+ posts

ÚLTIMAS

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...