InicioEconomíaA Confederación de Empresarios estima uns 15 millóns de perdas no incendio...

A Confederación de Empresarios estima uns 15 millóns de perdas no incendio do Ceao

Pide "celeridade" ás administracións á hora de plasmar as axudas que comprometeron

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo ( CEL), Jaime López, estimou nuns 15 millóns de euros as perdas para as empresas afectadas polo incendio do polígono industrial do Ceao na capital luguesa.

Este luns, oito días despois do inicio do lume que arrasou seis naves do polígono, López matizou que “aínda é prematuro” facer unha avaliación de danos, aínda que as primeiras estimacións sitúan os custos do suceso nuns 15 millóns de euros para as compañías afectadas.

“Falamos de provisións de material moi importante, que as infraestruturas teñen que ser derrubadas e non van poder ser utilizadas”, manifestou o responsable dos empresarios de Lugo, que insta as administracións a actuar con celeridade para conceder axudas directas ás empresas.

“As palabras están moi ben, agora faltan os feitos”, sentenciou López, que lembrou os compromisos dos gobernos local, provincial e autonómico coa articulación de medidas de apoio que, ao seu xuízo, deben “plasmarse xa”.

“Temos que agradecer a celeridade por parte dalgunhas empresas que se puxeron ao dispor dos afectados para cederlles, mesmo, as súas instalacións gratuitamente sempre que non poidan resolver a situación”, recoñeceu o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...