InicioEconomíaOs hostaleiros volverán pedirlle á Xunta que permita abrir os restaurantes ata...

Os hostaleiros volverán pedirlle á Xunta que permita abrir os restaurantes ata as 23:00h

A Apehl propón distinguir entre bares e estoutro tipo de establecementos, que actualmente "están pillados economicamente e só poden traballar ao mediodía".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, asegurou este xoves que volverán pedir á Xunta de Galicia que permita a apertura dos restaurantes ata as 23:00 horas e que, por tanto, amplíe ata esa hora o toque de queda, actualmente en vigor desde as 22:00 horas.

Esta petición trasladarana na reunión que van manter co vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, e cos conselleiros de Sanidade e de Emprego, á vista da evolución positiva dos contaxios, especialmente en Lugo. Ademais desa “ampliación de horarios”, tamén anticipa que solicitarán que aumente o aforo dos locais e os “espazos” para permanecer nos locais de hostalaría.

Con todo, insistiu en que no que máis presionarán será “sobre todo” para que se “permita traballar ata as once da noite, polo menos nos restaurantes”. “Poderíase seguir ata as nove da noite, pero os restaurantes ata as once porque están a traballar a medio gas. Os restaurantes economicamente están pillados por todos os lados porque só poden traballar ao mediodía“, lamentou.

Cheché Real, á súa vez, demanda unha maior présa na administración das vacinas. “O noso maior inimigo son os contaxios e a solución pasa pola vacinación”, advirte.

Finalmente tamén avisou sobre a “incerteza” que se cerne sobre o sector despois de que se anunciara o termo do estado de alarma a partir do próximo 9 de maio.  “Non é só pola cuestión sanitaria, senón tamén polo tema dos ERTEs e como vai quedar todo iso”, esgrimiu o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...