InicioEconomíaLugo é a capital galega que esixe un maior esforzo para pagar...

Lugo é a capital galega que esixe un maior esforzo para pagar o aluguer

A cidade de Santa Cruz de Tenerife é o mercado onde máis ingresos se destinan ao aluguer.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE. Lugo é a capital galega onde é necesario realizar un maior esforzo para alugar unha vivenda, xa que as familias deben destinar o 27 % dos seus ingresos a ese concepto, seguida da Coruña, 25 %, Pontevedra, 24 % e Ourense, 22 %, segundo un estudo realizado polo portal inmobiliario Idealista.

En oito capitais españolas os cidadáns que optan por vivir de aluguer teñen que destinar máis da recomendación dun terzo dos seus ingresos ao pago da renda, segundo o citado informe, que indica que non é nos grandes mercados onde se realiza un maior esforzo.

Segundo os cálculos do portal inmobiliario, a cidade de Santa Cruz de Tenerife é o mercado onde máis ingresos se destinan ao aluguer, o 39 % do total. A continuación, sitúase a capital de Almería, co 37 % dos ingresos destinados ao aluguer, e Las Palmas de Gran Canaria, Alacante, Segovia e Madrid, co 36 % no catro casos.

Pola contra, en Palencia, Ourense e a cidade autónoma de Melilla, o esforzo para alugar unha vivenda é menor (22 %). Séguelles a cidade de Huesca (23 %), Pontevedra (24 %), Soria (24 %), Burgos (25 %) e A Coruña (25 %). Ademais, co 26 % dos ingresos familiares sitúanse Valladolid, León, Zamora, Oviedo e Tarragona.

ÚLTIMAS

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...

Alugueres “alcanzables” en Lugo e penalización a propietarios con vivenda baleira

Lugo contará cun ambicioso Plan Municipal de Vivenda, unha folla de ruta que busca...

Seis meses de prisión para o xerente dunha empresa por delito de lesións nun traballador

O xerente dunha empresa vinculada á construción de Lugo aceptou este xoves unha pena...