InicioEconomíaOs hostaleiros confían en que se rebaixen as restricións despois da Semana...

Os hostaleiros confían en que se rebaixen as restricións despois da Semana Santa

Cheché Real espera que o ritmo de contaxios permita ampliar o horario de apertura e a capacidade dos establecementos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo,  ‘Cheché’ Real, di confiar en que se “flexibilicen” as restricións establecidas para o sector despois da Semana Santa.

Así se pronunciou tras a reunión mantida este martes polos representantes das asociacións galegas de hostalaría co vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, que argumentou que se buscaba “asegurar” e “consolidar” a baixada de casos de coronavirus na “maior parte dos concellos de Galicia. Por iso, acordouse que despois de Semana Santa abordaríase a “posibilidade” dunha maior apertura en canto a unha ampliación dos espazos dos negocios de hostalaría e o prolongamento do seu período de apertura.

“Quedamos en manter outra reunión o 5 de abril. O 6 reúnese o comité clínico e a ver se se pode (realizar) a ampliación dos espazos nas porcentaxes e nos horarios, a condición de que se manteña esta baixada de contaxios”, subliñou o presidente da asociación provincial lucense.

No entanto, sinalou o descontento dos profesionais do sector debido a “tanto abrir, tanto pechar e volver abrir”, polo que demandou unha maior axilidade no proceso de vacinación. “A ver se chegan as vacinas dunha vez, canta máis xente vacinada mellor. O noso inimigo, o máximo inimigo da hostalaría son os contaxios”, resolveu.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...