InicioEconomíaO Concello de Lugo retirará o tapón urbanístico da Avenida da Coruña

O Concello de Lugo retirará o tapón urbanístico da Avenida da Coruña

O goberno local anuncia que as obras na Avenida da Coruña comezarán a vindeira semana, e a fase final das melloras de mobilidade no barrio de Garabolos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuntanza do equipo de goberno local coas xentes de Garabolos resultou no anuncio da derradeira fase de melloras de mobilidade deste barrio lucense. A alcaldesa Lara Méndez aproveitou a ocasión para confirmar que o Concello de Lugo acometerá a semana vindeira a supresión do tapón urbanístico da Avenida da Coruña.

Durante o percorrido por esta zona da cidade, Méndez estivo acompañada polos concelleiros de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e Benestar Social, Ana González Abelleira.

A rexedora lembrou que está en proceso de contratación a renovación do pavimento dun tramo da Avenida de Garabolos, entre os edificios 5 e 9, a colocación dun paso de peóns elevado, e a creación dun acceso peonil á marquesiña da parada de bus existente na vía para garantir a seguridade dos viandantes. Estas obras acometeranse grazas ao Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación cun investimento próximo aos 30.000 euros.

Nesta estrada, o Concello renovou o pasado ano os servizos e pavimentou a beirarrúa cun orzamento de 33.000 euros, quedando pendente a segunda parte agora anunciada polo executivo.

Así mesmo, Méndez avanzou que o goberno local acometerá a pavimentación da Rúa do Vento, ademais de botar cascallo no treito que vai dende as vivendas da Avenida Paulo Fabio Máximo. Esta actuación financiarase con cargo ao Plan de Barrios que incluíu, cunha dotación total de 2,5 millóns de euros nos Orzamentos de 2018.

A alcaldesa adiantou á veciñanza a sinaturado contrato para o acondicionamento dun aparcadoiro disuasorio no barrio de Garabolos, en concreto, na rúa Manuel Portela, que contará con 46 prazas públicas gratuítas nunha superficie de 1.176 metros cadrados. O orzamento para este estacionamento é de 41.200 euros.

Trátase dun dos 7 que o Concello ten planificado para dotar á cidade de 203 novas prazas, cun importe conxunto de adxudicación total de 253.000 euros. No caso da instalación de Garabolos, as obras comezarán nun mes e deberán estar rematadas nun prazo de cinco meses, isto é, a principios de ano.

Por outra banda, Méndez avanzou que principios da vindeira semana comezarán as obras para a eliminación do tapón urbanístico da Avenida da Coruña. Con esta actuación, que conta investimento de 40.000 euros máis outros 60.700 das expropiacións, o goberno de Lugo afronta unha vella débeda cunha das arterias da cidade. Cun prazo de execución de tres meses, a intervención mellorará de xeito substancial a seguridade e a comodida de dos peóns.

Escola infantil

En Garabolos tamén está en construción unha nova escola infantil, a través dun convenio a tres bandas entre o Concello, a Fundación Amancio Ortega e a Xunta. Esta dotación, cun investimento de un millón de euros, erixirase na Avenida Paulo Fabio Máximo, sobre unha parcela de titularidade municipal, cedida para este fin polo Concello ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Os terreos pasarán a integrarse neste ente autonómico, a Fundación Amancio Ortega ocúpase da construcción das instalacións e do equipamento e dotación inicial de mobiliario e material didáctico, e o Consorcio encargarase da súa posta en funcionamento e xestión, formando parte da rede pública de centros da entidade. A previsión é que en setembro entre en servizo.

Orzamentos Participativos

Por outra banda, a rexedora convidou aos veciños e veciñas de Garabolos a facer propostas para os Orzamentos Participativos. Os interesados poderán plantexar ata o 9 de setembro investimentos de ata 15.000 euros, a través de distintas canles, dixitais ou presenciais, ben sexa a través unha web que se activou para este evento, loop.lugo.gal, no Rexistro Xeral do Concello ou en distintas xuntanzas que se celebrarán polos barrios da cidade. Nesta primeira fase pode participar calquera persoa empadroada en Lugo ou con vinculación co municipio, sexa por estudos ou traballo.

 

ÚLTIMAS

O BNG presenta máis de 700 alegacións ao proxecto que Altri expón para implantar en Palas de Rei

O BNG presentou na Xunta máis de 700 alegacións contra o proxecto que Altri quere implantar en Palas...

Veterinarios de Lugo alertan do “risco vital” para mascotas que supón o novo decreto da Xunta sobre uso de medicamentos humanos

O Colexio de Veterinarios de Lugo advertiu de "risco vital" para mascotas e outros animais, como cabalos, tras...

Detido un home en Monterroso por roubar nunha oficina de Correos

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Monterroso a un home de Lalín como presunto...

A Plataforma Ulloa Viva constata en Bruxelas que España non solicitou fondos europeos para a fábrica de Altri

A Plataforma Ulloa Viva concluíu a súa visita a Bruxelas para alertar dos impactos...