InicioSociedadeOs hostaleiros de Lugo piden que se atrase o toque de queda...

Os hostaleiros de Lugo piden que se atrase o toque de queda ata as 23:00h

O presidente da Apehl pide maiores facilidades para a apertura logo de meses de restricións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, avanzou que o sector proporá á Xunta que permita a apertura dos restaurantes ata as once da noite e igualmente amplíe a esa hora o toque de queda.

Real apostou por ir máis aló de pedir o peche da hostalaría “ás oito”, porque no caso dos restaurantes é “como non facer nada e a un restaurante dálle o mesmo pechar ao seis”.  “Mesmo podería verse a posibilidade de diferenciar as cafetarías e bares dos restaurantes e poder ampliar nos restaurantes ata asonce da noite e aí habería que mirar tamén o do toque de queda”, suxeriu.

Con esta proposta, Cheché Real xustificou que o que se pretende “é dar maiores facilidades para traballar con certa dignidade”, subliñaba o empresario.

Outro problema que se expón é o dos “aloxamentos” condicionados polos peches perimetrais ou a cuestión da procedencia, porque en Lugo e en toda Galicia acóllese “a moita xente de Madrid que está nuns índices de contaxios tremendos”. “Xa que nos estamos apertando o cinto desde hai meses, se agora abrimos as portas pódese estender o virus. O noso máximo inimigo é a transmisión do virus”, alertou.

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...