InicioEconomíaOs hostaleiros de Lugo estudan presentar un contencioso ante o TSXG contra...

Os hostaleiros de Lugo estudan presentar un contencioso ante o TSXG contra o peche do sector

Valorarán esa opción logo de coñecerse unha resolución xudicial no País Vasco que permite a reapertura dos establecementos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hostaleiros de Lugo estudan a presentación dun recurso contencioso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra o peche do sector, logo de coñecerse a resolución no País Vasco que permitiu a reapertura destes establecementos.

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, indicou que estudarán esa posibilidade co seu gabinete xurídico e así tentar desbloquear a apertura dos negocios. “O importante de todo isto é que hai un tribunal de xustiza que dá a razón aos hostaleiros dicindo que non son o foco do contaxio, como así pode acreditarse ao ternos pechados (en Galicia)”, valorou.

Real celebrou que o fallo xudicial do País Vasco, que se poderá recorrer, “vén dar a razón en que están conculcando dereitos para poder traballar,  gardando obviamente as medidas de protocolo hixiénico sanitarias e todas esas medidas para que eses contaxios sexan mínimos”.

“O único sector que estivo pechado, que segue pechado, que segue con restricións e limitado é o sector da hostalaría”, criticou, para afear que se teña “no punto de mira” de maneira continua.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...