InicioEconomíaOs hostaleiros de Lugo confían chegar a un acordo para unha liña...

Os hostaleiros de Lugo confían chegar a un acordo para unha liña de axudas de 100 millóns

Agardan que a Xunta aporte sete millóns e que as Deputacións poñan o 1% dos seus orzamentos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, confía en que as axudas ao sector se sitúen arredor dos 100 millóns de euros entre as aportacións da Xunta, as catro Deputacións galegas e os concellos.

Real mostrouse convencido de que este venres, na terceira reunión da semana en Santiago, alcanzarán un acordo para que todas as administracións acheguen recursos para un dos sectores “máis castigados” pola pandemia.

O empresario lucense subliñou que o sector quere que estas axudas se abonen de “forma inmediata”, polo que propón que sexa a Xunta a que as xestione, “como xa fixeron cos outros 80 millóns de euros que achegaron”.

Atendendo ás últimas cifras manexadas este mércores (75 millóns de euros por parte do Goberno galego, un 0,65% do seu orzamento; e o 1% das contas das deputacións, que suman uns 5,5 millóns), mais o que poñan os concellos (polo menos os grandes) Real estima que as contribucións poderían estar “ao redor dos 100 millóns de euros”.

“A cuestión é que hai que seguir traballando para conseguir fondos directos, unha inxección de diñeiro directo a todo o sector da hostalaría e do turismo, porque estamos nunha situación tremenda, porque de novo con estas restricións é imposible manter unha empresa”, sinalou.  Unha vez superada a crise sanitaria e “que se poña a funcionar a hostalaría”, augurou que “se verá como outros sectores empezarán tamén a funcionar”.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...