InicioEconomíaAsí será o plan europeo do que se beneficiará Lugo para loitar...

Así será o plan europeo do que se beneficiará Lugo para loitar contra o despoboamento

O Parlamento Europeo e o Consello definiron por primeira vez que é un territorio despoboado dentro da UE e acordan novos fondos FEDER para axudar a estas zonas. Lugo e Ourense serían territorios priotirarios e o interior de Pontevedra e A Coruña tamén poderán recibir axudas deste novo programa de investimento europeo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Unión Europea, no marco das negociacións dos fondos estruturais 2021-2027 e da loita contra os retos que supón o desafío demográfico, acaba de definir por primeira vez o que é un territorio en risco de despoboamento e cales deses territorios deben ter un tratamento prioritario nos fondos FEDER para o período 2021-2027.

Ata o de agora só a Laponia escandinava gozaba dalgún recoñecemento para o acceso aos fondos da UE relativos ao despoboamento. Pero, a partir de agora, as provincias e, no seu caso, os concellos cunha densidade de poboación inferior a 12,5 habitantes por km2 ou un descenso de poboación do 1% entre 2007-2017 deberían ser obxecto de plans de investimento prioritarios dos fondos FEDER 2021-2027. Uns fondos que deberían chegar a Galicia, principalmente, ás provincias de Lugo e Ourense, máis castigadas polo envellecemento e o despoboamento, pero tamén ao interior das de Pontevedra e A Coruña.

Podes ler a reportaxe completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...