InicioEconomíaAsí será o plan europeo do que se beneficiará Lugo para loitar...

Así será o plan europeo do que se beneficiará Lugo para loitar contra o despoboamento

O Parlamento Europeo e o Consello definiron por primeira vez que é un territorio despoboado dentro da UE e acordan novos fondos FEDER para axudar a estas zonas. Lugo e Ourense serían territorios priotirarios e o interior de Pontevedra e A Coruña tamén poderán recibir axudas deste novo programa de investimento europeo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unión Europea, no marco das negociacións dos fondos estruturais 2021-2027 e da loita contra os retos que supón o desafío demográfico, acaba de definir por primeira vez o que é un territorio en risco de despoboamento e cales deses territorios deben ter un tratamento prioritario nos fondos FEDER para o período 2021-2027.

Ata o de agora só a Laponia escandinava gozaba dalgún recoñecemento para o acceso aos fondos da UE relativos ao despoboamento. Pero, a partir de agora, as provincias e, no seu caso, os concellos cunha densidade de poboación inferior a 12,5 habitantes por km2 ou un descenso de poboación do 1% entre 2007-2017 deberían ser obxecto de plans de investimento prioritarios dos fondos FEDER 2021-2027. Uns fondos que deberían chegar a Galicia, principalmente, ás provincias de Lugo e Ourense, máis castigadas polo envellecemento e o despoboamento, pero tamén ao interior das de Pontevedra e A Coruña.

Podes ler a reportaxe completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...