InicioEconomíaA hostalaría non levanta cabeza tras unha reapertura que non deu moito...

A hostalaría non levanta cabeza tras unha reapertura que non deu moito de si

Aseguran que a facturación destes primeiros foi "baixa" e piden "indemnizacións" ás administracións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché real, calculou que a facturación do sector nos primeiros días de reapertura foi “baixa”, polo que insistiu en reclamar “indemnizacións” aos gobernos polo peche decretado durante un mes.

No medio dunha ponte na que Galicia iniciou a súa propia desescalada progresiva na hostalaría, Real volveu a lanzar esta petición porque a Xunta lles “impediu abrir” os seus negocios e “exercer libremente” o seu “dereito a traballar”.

Por isto mesmo, o presidente dos hostaleiros lucenses explicou que xa non solicitan “un rescate” aos gobernos, como moitas das súas asociacións homólogas, senón “indemnizacións”.

E é que, aínda que estes días puideron volver levantar os enreixados dos seus negocios ao relaxarse as restricións na cidade, a facturación foi “baixa”, en parte tamén polo “temporal de neve, vento e frío” que afectou a toda a provincia.

Ademais, Cheché Real criticou as porcentaxes cos que poden abrir os locais en Lugo 30 por cento no interior e un 50 por cento en terrazas-: “Son imposibles para os negocios”. “Así é moi difícil abrir, mesmo algúns non quixeron porque non ían ter beneficio de ningún tipo. E algún abriu a perdas”, censurou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...