InicioEconomíaRozas presenta drons para controlar verteduras ou para distribuír produtos sanitarios

Rozas presenta drons para controlar verteduras ou para distribuír produtos sanitarios

A terceira edición de BFaero deu hoxe a coñecer as sete iniciativas gañadoras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A terceira edición de Bfaero, a aceleradora de proxectos aeroespaciais no aeródromo de Rozas, en Castro de Rei, deu a coñecer as sete iniciativas gañadoras deste ano, entre as que se atopan o desenvolvemento de drons para o control de verteduras e para a distribución de produtos sanitarios.

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, participou este martes en Lugo na presentación destes proxectos, catro dos cales veñen de fóra de Galicia -dous Madrid, un de Alacante e un de Zaragoza-, mentres os outros tres son da Coruña, Vigo e Pontevedra.

Conde subliña a “boa noticia” que supón Bfaero para a captación de talento e a creación de emprego, “un camiño que vén sumar dentro do campo produtivo”. As dúas primeiras convocatorias deste programa supuxeron a mobilización de 3,6 millóns de euros, con 63 empregos creados e cinco empresas constituídas.

SETE PROXECTOS

Dos sete proxectos, catro están en fase de aceleración: o CIES Solar, de Pontevedra, buscará realizar misións automáticas de fotogrametrías de máis de 1.000 hectáreas ao día; Saqqarah, de Vigo, servirá para a inspección de procesos industriais e verteduras ambientais; PrimeCor, de Alacante, desenvolve un sistema seguro e certificable para o control de voo de drons; e Atom, de Madrid, ofrece unha ferramenta integral para o uso de drons en operacións e mantemento de instalacións industriais.

Pola súa banda, os tres proxectos de incubación serán: Dronesuit, da Coruña, unha plataforma ‘cloud’ con ferramentas para facilitar a operación e administración; Pharmadron, de Zaragoza, que avanza no uso de vehículos non tripulados no sector da loxística e distribución do sector da saúde; e SolarBotix, de Madrid, que estudará a viabilidade da fabricación de placas solares mediante tecnoloxías de fabricación de compostos para que poidan modelarse en superficies non como planas como as dos avións.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o vacío de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...