InicioEconomíaA patronal luguesa está "satisfeita" coa elección de Díaz Barreiros como presidente...

A patronal luguesa está “satisfeita” coa elección de Díaz Barreiros como presidente da CEG

"Agora terá que centrarse no importante, e non en culpas internas", di o presidente da CEL.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, acolleu con “satisfacción” o nomeamento por aclamación do novo presidente da patronal galega, José Manuel Díaz Barreiros.

“Valorámolo con satisfacción despois deste momento de interinidade que xa se estaba alongando demasiado, no que os vicepresidentes tivemos que asumir a responsabilidade da gobernanza da organización. Por fin temos un presidente que reuniu o maior consenso posible”, destacou.

Jaime López cre que o novo presidente de Confederación de Empresarios de Galicia “ten que atar moitos cabos”. “Hai moitas frontes, pero o máis importante agora é estar á altura do que queren os empresarios neste momento tan grave de pandemia, centrarse no que se ten que centrar e non en culpas internas, nin nesas cousas que non conducen a nada”, sentenciou.

O secretario xeral da CEL aplaudiu que o elixido sexa “unha persoa que coñece a casa”, dado que ocupou o cargo de vicepresidente na época de José Manuel Pérez Canal.

Así as cousas, López considera que Díaz Barreiros deberá, ademais de afrontar os asuntos organizativos da CEG, facer fronte a cuestións de “economía” para “seguir reivindicando de forma clara axudas para os sectores que nestes momentos están pechados“, así como continuar na senda de demanda “reducións fiscais” ante unha carga tributaria que ve “excesiva”. “Son temas que preocupan aos empresarios”, resolveu Jaime López.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...