InicioEconomíaA patronal lucense: "As axudas ao sector hostaleiro non poden limitarse aos...

A patronal lucense: “As axudas ao sector hostaleiro non poden limitarse aos Ertes”

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) avoga polas "quitas de impostos" ante as novas restricións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, lanzou a proposta sobre a necesidade de “quitas de impostos” para os hostaleiros despois do peche imposto pola Xunta en 60 municipios desde esta medianoite.

Así mesmo, mostrou o seu apoio á manifestación convocada para este sábado na cidade das murallas pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría. “Por suposto que a apoiamos, é un dos sectores produtivos máis relevantes a nivel nacional e provincial. Evidentemente o primeiro é a saúde e a sanidade pero hai que buscar medidas de apoio e de axuda a un sector ao que se lle están pechando as portas”, sinalou.

Jaime López apelou a que agora “máis que nunca” vai ter que “ser máis decisiva a intervención das distintas administracións” para non deixar caer o sector. “Aínda non está moi claro como vai ser o paquete de axudas, pero isto non só pode limitarse aos ERTEs“, abundou.

Finalmente, o secretario xeral da CEL destacou que “entra dentro da lóxica” a formulación dunha “quita de impostos” pola ausencia de ingresos. “A unha empresa que non ten ingresos non se lle pode obrigar a ter cargas tributarias que son imposibles nun momento en que están coa actividade pechada”, propugnou López.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...