InicioEconomíaOs hostaleiros da provincia anuncian mobilizacións en contra das novas restricións

Os hostaleiros da provincia anuncian mobilizacións en contra das novas restricións

O presidente da Apehl avanza unha grande unión para reclamar axudas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hostaleiros galegos secundarán mobilizacións contra o peche do sector e para esixir axudas ante as novas restricións da Xunta en 60 concellos. Lugo será unha das cidades que acolla estas protestas, segundo confirman dende a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo.

A manifestación está prevista para o vindeiro sábado, ás 11:00 horas. O presidente da Apehl, Cheché Real, avanzou que acudirá “todo o sector da distribución da provincia de Lugo, tamén directamente afectados” por unhas medidas que obrigan ao peche do sector dende este venres ás 15:00 horas.

Real queixouse de que “se cargue” contra a hostalaría “cando todos os informes oficiais que nos chegan din que os contaxios en cafetarías, restaurante e outros locais non pasan dun 3 ou 3,5%“, apuntou en liña co expresado por outros representantes deste sector. “Non entendemos esta inquina coa hostalaría”, lamentou.

Fronte á baixa porcentaxe nos negocios de hostalaría contrapón o que ocorre nas reunións familiares ou de amigos, con niveis de contaxio do 18%. “En reunións fora do ámbito da hostalaría é onde se disparan os contaxios”, argumenta.

Por outra banda, incide en que desde a hostalaría se investiu “en medidas de protocolo hixiénico sanitarios” que agora “non valen para nada”. Neste contexto, Cheché Real defendeu a necesidade de que se fixen criterios con “un pouco de sentido común coa economía, porque dependen diso moitas familas”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...